Monday 29 de April de 2024

O concello amplía a beirarrúa na marxe esquerda da DP-2404


O novo tramo terá unha amplitude mínima de dous metros.

Hoxe comezou a execución do proxecto de ampliación das beirarrúas na marxe esquerda da estrada DP-2404 por parte da empresa larachesa Construcciones J. Esmorís e Hijos.

A obra é promovida polo Concello para dar continuidade a ese espazo peonil e mellorar a accesibilidade e a seguridade no ámbito de actuación, situado xunto a vivendas residencias e moi próximo á área de recreo canino da Laracha.

O novo tramo de beirarrúa terá unha amplitude superior aos dous metros. A intervención tamén inclúe a adaptación á nova rasante tanto do acceso á vivenda como das arquetas dos rexistros dos diferentes servizos de telecomunicacións, gas natural, electricidade, auga, etc.